https://drive.google.com/file/d/18Q1zP70ob1TjfqUSbn-z1zbVBMoKh2KG/view?usp=sharing
Autor: anpapv
CURSO 2024/2025
SOLICITUDE ADIMISIÓN SOCIOS E MATRÍCULA PLAN MADRUGA/COMEDOR
Benvidos ao novo curso escolar! a continuación adxuntamos 2 enlaces para darse de alta tanto no comedor/plan madruga e de soci@ da ANPA.
O pago da cuota de socio/a e do seguro de accidentes farase mediante transferencia bancaria á conta bancaria da ANPA.
FORMULARIO ADMISIÓN SOCIO/A CURSO 2024/2025
FORMULARIO MATRÍCULA MADRUGA/COMEDOR
¡No se ha encontrado la galería!
Despedida
Como despedida queremos agradecer a confianza que os soci@s depositachedes en nós. Ánimo e a seguir traballando xuntos pola nosa escola!
Unha aperta, Aitana, Marga, María , Nuria e Sandra.
Biblioteca Viondiño
Nos pasados meses de abril e maio recollimos os froitos dos esforzos conxuntos do Centro e da ANPA na inauguración da NOVA BIBLIOTECA ESCOLAR VIONDIÑO. A ANPA organizou e financiou o Programa de Obradoiros de Poesía e Escrita Creativa,coordinado Antía Otero, editora e escritora estradense, no que participaron todos os alumnos/as do centro.
Ademais,o pasado 30 de abril,realizamos a charla "DAR DE LER. A lectura como ferramenta educativa no fogar e na aula", impartida por Eva Mejuto, escritora e periodista. Á charla asistiron nais, pais e docentes do noso centro.
Tamén presentamos a sección EDUCACIÓN E FAMILIA, q permitirá as familias da escola coller en préstamo libros sobre educación a partir do vindeiro curso.
Aquí vos deixamos algunhas imaxes destas actividades, no blog da biblioteca poderedes ver máis. Queremos agradecerlle a Antía Otero e Eva Mejuto o seu traballo e cariño. Finalmente desexamos que os nosos fillos e fillas gocen e aproveiten a nova biblioteca, que esta sexa o pulmón da escola.
Entroido 2019
Mil desculpas, que xa case cheira a semana santa e non tivera tempo de poder poñervos as fotos do pasado entroido. Agradecer a alegría aínda que o día propio choveunos a cantarvos e as ganas para os rebeldes do día 16. Mil grazas a todos.
Como as fotos pesan un pouco fixen uns albums en google
Día Escolar da Non Violencia e da Paz 2019
Desde 1964, para conmemorar a morte de Gandhi, celébrase o 30 de xaneiro o Día Escolar da Non Violencia e a Paz, recoñecido pola UNESCO en 1993. Nesta data lémbrase a necesidade da educación para a tolerancia, a solidariedade, o respecto aos Dereitos Humanos, a non violencia e a paz. O lema deste día é: 'amor universal, non-violencia e paz. O amor universal é mellor que o egoísmo, a non-violencia é mellor que a violencia e a paz é mellor que a guerra'.
Aqui deixámosvos as fotos das actividades realizadas no comedor polos nenos e nenas.
Convenio de FESANPAS y Carlos Conde Peluqueros
Proxecto de investigación MELI-POP
Informámosvos que a ANPA participa no proxecto de investigación MELI-POP (Estilos de vida mediterráneos en prevención de la obesidad infantil) dirixido por especialistas do CHUS. . Adxuntamos información detallada e o solicitude. para participar no estudo. Podedes deixar a carta cos vosos datos no buzón da ANPA. Ademais na segunda quincena de decembro realizarase unha charla informativa aberta para todas as familias estradenses. Saúdos!
Podedes descargar a solicitude neste enlace Solicitude Melipop
Crónica da excursión de outono polo Ulla.
O domingo 21 de outubro xuntámonos 50 persoas da ANPA Perez Viondi para realizar a excursión de outono. Nesta ocasión realizamos unha ruta de sendeirismo circular de 3,5 km á beira do río Ulla,apta para toda a familia. Comezamos en Ponte Sarandón e camiñamos ata a ponte de Ximonde pola beira estradense. Despois de cruzar o Ulla pola ponte voltamos ata Sarandón pola beira de Vedra. En Ponte Sarandón visitamos o Museo da Pesca da Casa Suárez, onde o señor Manuel amosounos as diferentes artes de pesca do salmón. Despois desprezámonos en autobús ata a área recreativa de Agronovo (Vedra) onde xantamos e xogamos ao lado do río. Finalmente visitamos o Centro Ictiolóxico de Ximonde, onde un garda medioambiental da Xunta amosounos a traballo q realizan no centro a favor da conservación e recuperación do salmón e da flora e fauna do noso río. O obxectivo desta excursión era xuntarnos para coñecer un pouco máis as paisaxes que atesoura o noso concello ao mesmo tempo que realizamos exercicio en familia.