Saltar al contenido

O pasado vinte de abril a nai Ana Fondevila deu unha charla sobre a importancia da saúde auditiva.

A través de dun sinxelo exercicio amosoulles os rapaces como os decibelios dun simple grito poden danar o noso sistema auditivo.

Grazas como sempre as encargadas do comedor por facilitarnos as fotos.

O curso que impartiu Manel soamente puidemos acudir 6 persoas (nais e profesoras) ao taller organizado pola ANPA e que nos regalou o formador Manel Fernández o martes 12 de abril ás 7 da tarde na nosa escola. Eramos poucas pero aprendimos e nos divertimos grazas a Manel. Coñecimos como traballa cos nen@s nos talleres e nos dou valiosas recomendacións para traballar e educar aos nos@s fill@s e alumn@s no día a día. Podedes coñecer máis a este formador en: http://alegriasonrisasabrazos.blogspot.com.es
Coma sempre foi un pracer contar cun profesional que cre no poder da creatividade e das emocións na educación. GRAZAS MANEL!
DSCF4714 DSCF4718

icecream

Onte foi a inauguración da exposición dos nenos e nenas de 5º A de educación infantil.

O ano pasado fixeron unhas interpretacións das obras de Joan Miró. Se queredes podedes visitar na Casa das Letras ata 22 de Abril.

Aquí deixamos unha pequena mostra da inauguración e o ben que o pasaron pequechos e pais. Grazas a todos pola colaboración para levar adiante este proxecto tan fantástico.

As fotos pertencen a Jasper Carracedo

Inda que cun pouco de retraso aquí deixamos a fotos do taller que se impartiu no comedor o pasado 30 de marzo con motivo da Pascua.

Os nenos e nenas fixeron un delicioso postre con cereais e fibra que imitaba un bonito niño de páxaros.

Excursión de Primavera7 e 8 de Maio de 2016 (1)

 

   Excursión de Primavera

7 e 8 de Maio de 2016

Sábado 7 de Maio

 08:30 Saída dende a estación de autobuses de A Estrada.

11:30 Viaxe en Catamarán polos Canons do Sil.

14:00 Comida campestre na área recreativa de Cadeiras (Cadeiras).

16:30 Visita pola zona monumental de Monforte de Lemos.

18:00 Homenaxe  a figura de Manuel María .

19:00 Chegada ao Hotel Puente Romano. Fin das visitas. Cea libre, tempo de lecer.

 

Domingo 8 de Maio.

9:00 Almorzo continental no Hotel Puente Romano.

10:30 Visita guiada o Museo do Ferrocarril  de Galicia.

13:00 Xantar de bufete libre no Hotel Balneario Augas santas (Ferreira de Pantón).

16:00 Circuíto termal e lúdico no Hotel Balneario de Augas santas.

20:30 Chegada de regreso A Estrada.

 

Está pranificación pode sufrir variacións nas horas.

 

PRAZAS LIMITADAS. ASIGNARANSE POR ESTRITO ORDE DE INSCRICIÓN.

INSCRICIÓNS E PAGO NA OFICINA DE ANPA  DO 11 DE ABRIL O 15 DE ABRIL EN HORARIO DE 09:15 A 9:30 E DE 15:30 A 16:00.

 

PREZO

ADULTOS  55 €

NENOS DE 3 A 12 ANOS 30 € , IRMÁNS DE 3 A 12 ANOS 20 €.

 

O pasado venres 11 de marzo a pediatra Eva dió unha charla explicativa aos nenos do comedor sobre a importancia do exercicio físico para todos os aspectos da vida.

Aos nenos quedou moi claro que teñen que facer deporte para crecer e ser uns adultos sans.

Grazas a Eva por estaa charla tan instructiva

Ante todo mil grazas a tódolos asistentes por acompañarnos nunha festa moi especial e esperada por esta ANPA. Grazas a Priscilla e a xente de Tiko Doco, a Sala Gradín, Santiaguesa e Panadería Suso por axudarnos na tolería que foi a organización.

Polos erros, pedimos mil desculpas, e prometemos mellorar para o ano que ven.

E sen máis aquí tendes as fotos.