Nos pasados meses de abril e maio recollimos os froitos dos esforzos conxuntos do Centro e da ANPA na inauguración da NOVA BIBLIOTECA ESCOLAR VIONDIÑO. A ANPA organizou e financiou o Programa de Obradoiros de Poesía e Escrita Creativa,coordinado Antía Otero, editora e escritora estradense, no que participaron todos os alumnos/as do centro.
Ademais,o pasado 30 de abril,realizamos a charla "DAR DE LER. A lectura como ferramenta educativa no fogar e na aula", impartida por Eva Mejuto, escritora e periodista. Á charla asistiron nais, pais e docentes do noso centro.
Tamén presentamos a sección EDUCACIÓN E FAMILIA, q permitirá as familias da escola coller en préstamo libros sobre educación a partir do vindeiro curso.
Aquí vos deixamos algunhas imaxes destas actividades, no blog da biblioteca poderedes ver máis. Queremos agradecerlle a Antía Otero e Eva Mejuto o seu traballo e cariño. Finalmente desexamos que os nosos fillos e fillas gocen e aproveiten a nova biblioteca, que esta sexa o pulmón da escola.