Saltar al contenido

Entroido2016

O vindeiro venres 5 de febreiro o ANPA do CEIP Peréz Viondi ten o pracer de convidar, a todos os nenos e pais que queiran asistir, á tradicional Festa de Entroido.
Celebrarase no pavellón do colexio e teremos:

* Inchables de Tiko Doco
* Unha exhibición de Zumba Kids con Priscilla
* Unha clase aberta impartida por Priscilla
* Un divertido Photocall onde se vos fará unha foto cos vosos fillos.
* Música e moitas ganas de pasalo ben
* Merenda 

Todo por 1 € de entrada.

Apuntádesvos?  Esperámosvos.

O pasado xoves, no comedor, impartiuse un divertido taller de reciclaxe.
Os nenos e nenas aprenderon que se poden facer adornos e xoguetes con case calquera cousa e de paso fíxoselle tomar conciencia da importancia da reciclaxe para a conservación da nosa contorna.
Aquí deixámosvos unha mostra da actividade.
Mil grazas a Eva polas súas fotos.

DSCF4520 DSCF4527

O CEIP Pérez Viondi e ANPA do centro organizaron unha recollida de alimentos non perecedoiros e de xoguetes en colaboración con Cáritas. Hoxe venres finalizou a recollida que desde o centro e a ANPA valoramos moi positivamente.

Queremos agradecer as aportacións dos/as alumnos/as e familias do CEIP Pérez Viondi. O noso desexo é que todas as familias estradenses pasen unhas felices Festas de Nadal.

 

A cabidade bucal e súa hixene.

O luns 14 de Decembro no comedor, realizarase unha actividade trala comida na que se lles explicara os nenos a cabidade bucal, e a súa correcta hixene.

Esta actividade entra dentro dos plans de dinamización das actividades trala comida que se veñen facendo dende o inicio no comedor.

Este ano a charla será impartida por Gloria Vázquez Pérez, unha dentista da vila cunha longa e máis que cualificada experiencia.

Xoguetes para Xogar

A ANPA do Centro en  colaboración con Cáritas realizará unha recollida de xoguetes novos ou de segunda man no Centro. Teredes unhas caixas onde deixar o voso aporte.

Asi mesmos a dirección do centro dende a dirección do centro infórmaselle a todos os pais e nais de alumnos do centro que den o 4 de Decembro ata o 18 de Decembro poderán facer a súa achega de alimentos non perecedeiros para a campaña de Nadal de Cáritas operación Kilo.

Estamos a realizar unha enquisa para saber se os pais e as nais do colexio desexan realizar unha excursión longa no mes de maio.
Gustaríanos o máximo de participación na citada enquisa e se fose posible que nos désedes suxestións, queixas ou o que estimedes nos comentarios.
O ANPA somos todos.

Só tendes que premer ou no post da enquisa ou en "Encuesta" na páxina de facebook da ANPA.

Moitas gracias pola vosa colaboración.

 

O pasado xoves 19 de Novembro dentro das actuacións de dinamización do comedor escolar. Realizouse unha actividade de cociña para nenos e nenas.
Con ela aprenderon que non son só chuches os que se compran na tenda, senón que eles mesmos coa nosa axuda poden facer deliciosas golosadas na casa, ricas e nutritivas.

E que mellor que e o vexades cos vosos ollos.

Preténdese que un día ao mes no comedor do ANPA impártanse charlas formativas, lúdicas sempre relacionadas coa alimentación e a saúde impartidas por diferentes especialistas.
A primeira charla foi o pasado xoves 5 de novembro por Clara Torres, nutricionista estradense.
Clara fixo as delicias dos niñ@s que o pasaron bomba e que agora nos atosigan co seu triángulo de alimentación.
Grazas Clara por ti tempo e por ensinar aos nosos niñ@s a comer san e a vivir de forma saudable.

 

Visita de Clara (1) Visita de Clara (2) Visita de Clara (3) Visita de Clara (4) Visita de Clara (5)

Graciñas Eva por tomarte a molestia de enviarnos as fotos.