O pasado 18 de outubro 40 valentes decidiron que lles daba igual o tempo que faría ese día, que total tiña pinta de que non ía chover, e ben cedo pola mañá colleron o autobús con destino a Apipolis.
O camiño de ida foi divertido, os nenos e nenas estaban emocionados e máis dun pai estaba aínda coa legaña pegada.
A verdade é que ao estar o sitio para visitar preto foi toda unha vantaxe. Chegamos e foi xusto nese momento cando o tempo deixo de respectarnos, pero aos nenos deulles exactamente igual. Iamos gozar caia o que caia.
As persoas que xestionan Apipolis son moi gentiles e axudáronnos en todo momento a manter as nosas pertenzas en lugar seco.
Logo dividíronnos en tres grupos para poder gozar das diferentes actividades propostas por eles.
Comemos alí mesmo e os nenos gozaron dun intre de xogo debaixo dun gran carballo.
Unha vez recolleito e terminada a visita a Apipolis , cargados de mel, velas e bolechas feitas por nos e os nosos cativos, dirixímonos a Lourizan.
Algúns nos tivemos que quedar no autobús porque os nosos pequenos quedáronse literalmente fritos.
Unha nai preparou un xogo para os nenos e así de paso percorreron este marabilloso lugar.
A visita a Lourizan é obrigada. É unha auténtica marabilla.