Actividades Extraescolares para o curso 2017 2018
Hai un erra na grella de extraescolares:hai PATINAXE os xoves as 4 no noso pavillón,con posibilidade de ir martes a figueroa as 4,30. 10€/mes con Diverpatin
PDF da grella de actividades extraescolares PDF EXTRAESCOLARES
Solicitude de extraescolares Solicitude extraescolares
Diplomas do curso de primeiros auxilios
O domingo 25 de marzo rematamos o curso de Primeiros Auxilios en bebés e nenos organizado pola ANPA e impartido por Cruz Vermella. Practicamos vendaxes,inmobilizacións,torniquetes, posturas de seguridade,atragantamentos... Moito aprendimos e sobre todo quedáronnos ganas de saber máis. Grazas a Fátima, por transmitirnos con tanta paixón os seus coñecementos e grazas tamén a Cruz Vermella pola calidade e compromiso da súa labor formativa!
Os nosos pequenos Chefs
Deste comedor escolar vai sair un chef. Damas o corpo
As fotografías pendentes
O longo do primeiro trimestre tivemos moitas actividades que quedaron reflexadas en fotos.
E antes de comezar o segundo queríamos compartilas con todos vos.
Nestas fotos están dende a festa de portas abertas, ata as actividades de nadal no comedor.
Agardamos disfrutedes delas.
Fotos do funcionamento do comedor.
Rogo desculpas ao pai que solicitou as fotos, e aínda que foron enviadas no mesmo día por Cristina, me despiste e ata hoxe que mo recordou.
Horario de atención na oficina da ANPA
HORARIO ATENCIÓN A PAIS EN NAIS NAS OFICINAS DA ANPA
LUNS 26 DE SETEMBRO | MARTES 27 DE SETEMBRO | MÉRCORES 28 DE SETEMBRO | XOVES 29 DE SETEMBRO |
9:15 A 9:50 | 9:15 A 9:50 | 9:15 A 9:50 | 9:15 A 9:50 |
13:30 A 14:10 | 13:30 A 14:10 | 13:30 A 14:10 | 13:30 A 14:10 |
A PORTA LATERAL PRINCIPAL DO COLEXIO ESTARÁ ABERTA AS 13:30 SOAMENTE DURANTE ESTES DIAS, CO FIN DE FACILITAR AS INSCRICIÓNS.
Fotos da Excursión de Primavera
Non sin tempo aquí vos deixamos as fotos da Excursión de primavera pola Ribeira Sacra.
Agardamos que o ano que ven acertemos tanto coma este ano.
Comunicado da FANPA sobre as avaliacións de Primaria
A posición da Federación de Pais en Nais sobre as avaliacións de Primaria manifestouse claramente desde a aprobación da LOMCE en contra do sistema das chamadas reválidas polo seu carácter «avaliativo», é dicir, porque tales probas teñan algunha función respecto do expediente académico ou que poidan servir para discriminar alumnos polo seu rendemento.
Consideramos que a participación ou non nas probas de avaliación pertence ao ámbito de decisión concreto de cada familia. Somos conscientes da confusión xerada polas continuas modificacións legais, a falta de claridade e información con manipulación constante da linguaxe que utiliza a Administración e a improvisación das autoridades educativas.
A isto súmase a inseguridade que producen os anuncios de futuras modificacións destas probas, a inconsecuencia entre a LOMCE e os decretos que a aplican, as declaracións dos responsables políticos pedindo «confianza» ou a recente aprobación por maioría absoluta no Parlamento español da paralización da súa aplicación, que o Goberno en funcións non acepta.
Consecuencias para aqueles que non realicen as probas?
Tanto FANPA como Confapa-Galicia confiamos en que non terá consecuencias e tentamos saber como manexarán os centros e a Consellería a marxe discrecional da que dispoñen. Remitímonos para isto á resposta do Director Xeral de Educación da Consellería e á circular emitida pola propia Consellería dirixida ás familias. Só constará unha especie de «non presentado». Non obstante, sospeitamos que no caso de presentarse e obter unha nota negativa poida ter consecuencias, especialmente en ESO.
É evidente que a Consellería está facendo todo o posible para cumprir a letra da lei pero quitándolles o ferro que poderían levar estas avaliacións; as probas serán fáciles e a corrección xenerosa, seguramente. A nivel estatal, non debe esquecerse que hai comunidades autónomas enteiras que non as van facer, polo que debemos considerar que serán como unha convocatoria a un “acto oficial sen transcendencia”.
Hai dúas maneiras en que se presenta a non realización das probas:
a) Por inasistencia
Esta Federación non pode deixar sen poñer enriba da mesa a diferenza entre a vontade política e a normativa administrativa de Educación. A decisión de presentarse ou non ás probas debe ser unha decisión informada e consciente.
De feito existe o protocolo de absentismo escolar que define claramente que a partir de 10 faltas nun mesmo mes, queda á vontade e criterio do Centro, abrir expediente por absentismo (art. 22 do decreto 229/2011, do 7 de setembro). É dicir, non hai garantía xurídica de que non presentarse á proba como xeito de protesta cívica se poida considerar falta xustificada.
Considérase falta xustificada (Protocolo para a prevención e control do absentismo escolar en Galicia):
- Con carácter xeral
- Citacións
- Morte ou enfermidade grave de familiar en 1º ou 2º grao
- Tramitación de documentos oficiais, presentacións a exames e probas oficiais
- Indisposicións (máximo 2 días lectivos)
- Enfermidade (polo tempo de prescrición médica)
- No caso de faltas de asistencia a clase do alumnado non contempladas no apartado anterior, quedará a criterio da dirección do centro a consideración das excepcionais circunstancias que concorran para a súa xustificación ou non. En todo caso, deberá garantirse o dereito á escolarización da alumna ou do alumno.
A xustificación das faltas de asistencia a clase realizarase ante o profesorado titor e por parte da nai, do pais, titores ou gardadores mediante: xustificante médico, documento acreditativo de deberes inescusables/ de exames/ de mortes ou calquera outro documento acreditativo da circunstancia que xustifique a ausencia.
b) Con asistencia pero negándose a realizala por desacordo
Non é posible non realizala. Unha vez dentro do centro escolar, os pais non poden opoñerse á actuación do Centro porque nese momento o centro escolar exerce a custodia escolar para todos os efectos. Lembremos que tanto a Administración, como o centro e os propios profesores están investidos como autoridades. Iso á parte da situación de choque para os nosos fillos de ter que opoñerse a realizar un exame ante os mesmos profesores que o avalían a diario.
É posible realizala pero manifestar ou facer que conste a nosa protesta.
Para máis información sobre estes e outros asuntos podedes dirixirvos o seguinte enlace onde aoparedes toda a información necesaria, os impresos, e leis.
thttp://www.nontedurmas.org/fanpa/comunicado-da-fanpa-sobre-as-avaliacions-de-primaria/
Xogando a cociñar
O pasado 26 de abril os pequenos usuarios do comedor gozaron cunha das suas actividades favoritas, xogar a cociñar.
A través do xogo aprenden a importancia de comer san e deixar de lado as cousas precociñadas que non lle fan ben os seus corpiños.