Grazas a un convenio suscrito por Fesanpas as Anpas temos acceso a está actividadade extraescolar que pode ser moi interesante para os nosos fill@s.
Aqui vos deixamos o convenio: Convenio B&B
Para criar un nen@ fai falla toda unha tribu.
Grazas a un convenio suscrito por Fesanpas as Anpas temos acceso a está actividadade extraescolar que pode ser moi interesante para os nosos fill@s.
Aqui vos deixamos o convenio: Convenio B&B
Os sábados propoñen actividades relacionadas coa cociña e a comida para grandes e pequenos no novo mercado.
Pareceunos unha iniciativa que podía ser de interese. Deixamos o plan completo para este mes de novembro.
Tendes que anotarvos con antelación no correo alcaldia@aestrada.es ou no teléfono 986 57 00 30 extensión alcaldía.
O pasado 18 de outubro 40 valentes decidiron que lles daba igual o tempo que faría ese día, que total tiña pinta de que non ía chover, e ben cedo pola mañá colleron o autobús con destino a Apipolis.
O camiño de ida foi divertido, os nenos e nenas estaban emocionados e máis dun pai estaba aínda coa legaña pegada.
A verdade é que ao estar o sitio para visitar preto foi toda unha vantaxe. Chegamos e foi xusto nese momento cando o tempo deixo de respectarnos, pero aos nenos deulles exactamente igual. Iamos gozar caia o que caia.
As persoas que xestionan Apipolis son moi gentiles e axudáronnos en todo momento a manter as nosas pertenzas en lugar seco.
Logo dividíronnos en tres grupos para poder gozar das diferentes actividades propostas por eles.
Comemos alí mesmo e os nenos gozaron dun intre de xogo debaixo dun gran carballo.
Unha vez recolleito e terminada a visita a Apipolis , cargados de mel, velas e bolechas feitas por nos e os nosos cativos, dirixímonos a Lourizan.
Algúns nos tivemos que quedar no autobús porque os nosos pequenos quedáronse literalmente fritos.
Unha nai preparou un xogo para os nenos e así de paso percorreron este marabilloso lugar.
A visita a Lourizan é obrigada. É unha auténtica marabilla.
Este ano organizouse unha pequena festa para que pais e alumn@s tivesen un primeiro contacto do que serían as actividades extraescolares que se impartirán a partir do 1 de outubro.
Nela púidose probar e ver desde a actividade de robótica, unha demostración de baile de salón, unha clase de zumba, básquet e así unha longa lista de actividades ofertadas polo ANPA para este curso 2015/2016.
Maiores e nen@s gozaron dunha tarde de xogos e dunha merenda magnifica servida pola Sala Gradin.
Grazas a todos os asistentes e a todos os colaboradores por axudar a esta ANPA para levar a cabo está presentación.