Saltar al contenido

Desde 1964, para conmemorar a morte de Gandhi, celébrase o 30 de xaneiro o Día Escolar da Non Violencia e a Paz, recoñecido pola UNESCO en 1993. Nesta data lémbrase a necesidade da educación para a tolerancia, a solidariedade, o respecto aos Dereitos Humanos, a non violencia e a paz. O lema deste día é: 'amor universal, non-violencia e paz. O amor universal é mellor que o egoísmo, a non-violencia é mellor que a violencia e a paz é mellor que a guerra'.

Aqui deixámosvos as fotos das actividades realizadas no comedor polos nenos e nenas.

O domingo 21 de outubro xuntámonos 50 persoas da ANPA Perez Viondi para realizar a excursión de outono. Nesta ocasión realizamos unha ruta de sendeirismo circular de 3,5 km á beira do río Ulla,apta para toda a familia. Comezamos en Ponte Sarandón e camiñamos ata a ponte de Ximonde pola beira estradense. Despois de cruzar o Ulla pola ponte voltamos ata Sarandón pola beira de Vedra. En Ponte Sarandón visitamos o Museo da Pesca da Casa Suárez, onde o señor Manuel amosounos as diferentes artes de pesca do salmón. Despois desprezámonos en autobús ata a área recreativa de Agronovo (Vedra) onde xantamos e xogamos ao lado do río. Finalmente visitamos o Centro Ictiolóxico de Ximonde, onde un garda medioambiental da Xunta amosounos a traballo q realizan no centro a favor da conservación e recuperación do salmón e da flora e fauna do noso río. O obxectivo desta excursión era xuntarnos para coñecer un pouco máis as paisaxes que atesoura o noso concello ao mesmo tempo que realizamos exercicio en familia.

 

Hai un erra na grella de extraescolares:hai PATINAXE os xoves as 4 no noso pavillón,con posibilidade de ir martes a figueroa as 4,30. 10€/mes con Diverpatin

PDF da grella de actividades extraescolares PDF EXTRAESCOLARES

Solicitude de extraescolares Solicitude extraescolares

 

 

O domingo 25 de marzo rematamos o curso de Primeiros Auxilios en bebés e nenos organizado pola ANPA e impartido por Cruz Vermella. Practicamos vendaxes,inmobilizacións,torniquetes, posturas de seguridade,atragantamentos... Moito aprendimos e sobre todo quedáronnos ganas de saber máis. Grazas a Fátima, por transmitirnos con tanta paixón os seus coñecementos e grazas tamén a Cruz Vermella pola calidade e compromiso da súa labor formativa!

O longo do primeiro trimestre tivemos moitas actividades que quedaron reflexadas en fotos.

E antes de comezar o segundo queríamos compartilas con todos vos.

Nestas fotos están dende a festa de portas abertas, ata as actividades de nadal no comedor.

Agardamos disfrutedes delas.

 

O curso que impartiu Manel soamente puidemos acudir 6 persoas (nais e profesoras) ao taller organizado pola ANPA e que nos regalou o formador Manel Fernández o martes 12 de abril ás 7 da tarde na nosa escola. Eramos poucas pero aprendimos e nos divertimos grazas a Manel. Coñecimos como traballa cos nen@s nos talleres e nos dou valiosas recomendacións para traballar e educar aos nos@s fill@s e alumn@s no día a día. Podedes coñecer máis a este formador en: http://alegriasonrisasabrazos.blogspot.com.es
Coma sempre foi un pracer contar cun profesional que cre no poder da creatividade e das emocións na educación. GRAZAS MANEL!
DSCF4714 DSCF4718