Saltar al contenido

Este ano organizouse unha pequena festa para que pais e alumn@s tivesen un primeiro contacto do que serían as actividades extraescolares que se impartirán a partir do 1 de outubro.
Nela púidose probar e ver desde a actividade de robótica, unha demostración de baile de salón, unha clase de zumba, básquet e así unha longa lista de actividades ofertadas polo ANPA para este curso 2015/2016.
Maiores e nen@s gozaron dunha tarde de xogos e dunha merenda magnifica servida pola Sala Gradin.
Grazas a todos os asistentes e a todos os colaboradores por axudar a esta ANPA para levar a cabo está presentación.