Etiqueta: Colaboracions
Colaboracións con outras Anpas, federacións, asociacions ou pequenos comercios.
Proxecto de investigación MELI-POP
Informámosvos que a ANPA participa no proxecto de investigación MELI-POP (Estilos de vida mediterráneos en prevención de la obesidad infantil) dirixido por especialistas do CHUS. . Adxuntamos información detallada e o solicitude. para participar no estudo. Podedes deixar a carta cos vosos datos no buzón da ANPA. Ademais na segunda quincena de decembro realizarase unha charla informativa aberta para todas as familias estradenses. Saúdos!
Podedes descargar a solicitude neste enlace Solicitude Melipop
Diplomas do curso de primeiros auxilios
O domingo 25 de marzo rematamos o curso de Primeiros Auxilios en bebés e nenos organizado pola ANPA e impartido por Cruz Vermella. Practicamos vendaxes,inmobilizacións,torniquetes, posturas de seguridade,atragantamentos... Moito aprendimos e sobre todo quedáronnos ganas de saber máis. Grazas a Fátima, por transmitirnos con tanta paixón os seus coñecementos e grazas tamén a Cruz Vermella pola calidade e compromiso da súa labor formativa!
Os nosos pequenos Chefs
Charla da importancia da saúde auditiva
Somo artistas descubrindo a Joan Miró
Onte foi a inauguración da exposición dos nenos e nenas de 5º A de educación infantil.
O ano pasado fixeron unhas interpretacións das obras de Joan Miró. Se queredes podedes visitar na Casa das Letras ata 22 de Abril.
Aquí deixamos unha pequena mostra da inauguración e o ben que o pasaron pequechos e pais. Grazas a todos pola colaboración para levar adiante este proxecto tan fantástico.
As fotos pertencen a Jasper Carracedo
Charla sobre a importancia do deporte na vida cotiá
O pasado venres 11 de marzo a pediatra Eva dió unha charla explicativa aos nenos do comedor sobre a importancia do exercicio físico para todos os aspectos da vida.
Aos nenos quedou moi claro que teñen que facer deporte para crecer e ser uns adultos sans.
Grazas a Eva por estaa charla tan instructiva
Crónica da charla dos Xermes
Crónica da festa de entroido do 2016
Ante todo mil grazas a tódolos asistentes por acompañarnos nunha festa moi especial e esperada por esta ANPA. Grazas a Priscilla e a xente de Tiko Doco, a Sala Gradín, Santiaguesa e Panadería Suso por axudarnos na tolería que foi a organización.
Polos erros, pedimos mil desculpas, e prometemos mellorar para o ano que ven.
E sen máis aquí tendes as fotos.
Festa de Entroido 2016
O vindeiro venres 5 de febreiro o ANPA do CEIP Peréz Viondi ten o pracer de convidar, a todos os nenos e pais que queiran asistir, á tradicional Festa de Entroido.
Celebrarase no pavellón do colexio e teremos:
* Inchables de Tiko Doco
* Unha exhibición de Zumba Kids con Priscilla
* Unha clase aberta impartida por Priscilla
* Un divertido Photocall onde se vos fará unha foto cos vosos fillos.
* Música e moitas ganas de pasalo ben
* Merenda
Todo por 1 € de entrada.
Apuntádesvos? Esperámosvos.