Saltar al contenido

Desde 1964, para conmemorar a morte de Gandhi, celébrase o 30 de xaneiro o Día Escolar da Non Violencia e a Paz, recoñecido pola UNESCO en 1993. Nesta data lémbrase a necesidade da educación para a tolerancia, a solidariedade, o respecto aos Dereitos Humanos, a non violencia e a paz. O lema deste día é: 'amor universal, non-violencia e paz. O amor universal é mellor que o egoísmo, a non-violencia é mellor que a violencia e a paz é mellor que a guerra'.

Aqui deixámosvos as fotos das actividades realizadas no comedor polos nenos e nenas.

O longo do primeiro trimestre tivemos moitas actividades que quedaron reflexadas en fotos.

E antes de comezar o segundo queríamos compartilas con todos vos.

Nestas fotos están dende a festa de portas abertas, ata as actividades de nadal no comedor.

Agardamos disfrutedes delas.

 

O pasado vinte de abril a nai Ana Fondevila deu unha charla sobre a importancia da saúde auditiva.

A través de dun sinxelo exercicio amosoulles os rapaces como os decibelios dun simple grito poden danar o noso sistema auditivo.

Grazas como sempre as encargadas do comedor por facilitarnos as fotos.

Inda que cun pouco de retraso aquí deixamos a fotos do taller que se impartiu no comedor o pasado 30 de marzo con motivo da Pascua.

Os nenos e nenas fixeron un delicioso postre con cereais e fibra que imitaba un bonito niño de páxaros.

O pasado venres 11 de marzo a pediatra Eva dió unha charla explicativa aos nenos do comedor sobre a importancia do exercicio físico para todos os aspectos da vida.

Aos nenos quedou moi claro que teñen que facer deporte para crecer e ser uns adultos sans.

Grazas a Eva por estaa charla tan instructiva