O venres pasado os nenos e nenas que asisten ao servizo de comedor aprenderon ha facer o seu propio Pan.
Pasáronllo estupendamente meténdose nas patacas e facendo as súas propias trenzas e barras de pan.
Grazas a Eva polas fotos
Etiqueta: Comedor
Todo o relacionado coas servizo de comedor ofertado
Crónica da charla dos Xermes
Boneco de Neve dos nosos pequenos chefs
O luns 18 de Xaneiro os pequenos e pequenas, que asisten o comedor, puideron gozar facendo coas súas mans un boneco de neve.
Aquí deixamos as fotos para que gocedes tamén da experiencia.
Grazas a Gloria Vázquez Pérez
Grazas a Gloria Vázquez Pérez por explicar tan ben e dunha forma tan divertida a cavidade bucal e a súa correcta hixiene.
E grazas a Eva por facer unhas fotos tan molonas.
Actividade do luns 14 no comedor
O luns 14 de Decembro no comedor, realizarase unha actividade trala comida na que se lles explicara os nenos a cabidade bucal, e a súa correcta hixene.
Esta actividade entra dentro dos plans de dinamización das actividades trala comida que se veñen facendo dende o inicio no comedor.
Este ano a charla será impartida por Gloria Vázquez Pérez, unha dentista da vila cunha longa e máis que cualificada experiencia.
Chupachups de plátano,chocolate e froitos secos
O pasado xoves 19 de Novembro dentro das actuacións de dinamización do comedor escolar. Realizouse unha actividade de cociña para nenos e nenas.
Con ela aprenderon que non son só chuches os que se compran na tenda, senón que eles mesmos coa nosa axuda poden facer deliciosas golosadas na casa, ricas e nutritivas.
E que mellor que e o vexades cos vosos ollos.
Actividades no comedor : Clara Torres Nutricionista
Preténdese que un día ao mes no comedor do ANPA impártanse charlas formativas, lúdicas sempre relacionadas coa alimentación e a saúde impartidas por diferentes especialistas.
A primeira charla foi o pasado xoves 5 de novembro por Clara Torres, nutricionista estradense.
Clara fixo as delicias dos niñ@s que o pasaron bomba e que agora nos atosigan co seu triángulo de alimentación.
Grazas Clara por ti tempo e por ensinar aos nosos niñ@s a comer san e a vivir de forma saudable.
Graciñas Eva por tomarte a molestia de enviarnos as fotos.