Como despedida queremos agradecer a confianza que os soci@s depositachedes en nós. Ánimo e a seguir traballando xuntos pola nosa escola!
Unha aperta, Aitana, Marga, María , Nuria e Sandra.

ANPA do CEIP PÉREZ VIONDI DA ESTRADA
Para criar un nen@ fai falla toda unha tribu.
Dende a próxima excursión ata a seguinte asamblea. Esta é unha etiqueta un pouco caixón desastre.
Como despedida queremos agradecer a confianza que os soci@s depositachedes en nós. Ánimo e a seguir traballando xuntos pola nosa escola!
Unha aperta, Aitana, Marga, María , Nuria e Sandra.
Nos pasados meses de abril e maio recollimos os froitos dos esforzos conxuntos do Centro e da ANPA na inauguración da NOVA BIBLIOTECA ESCOLAR VIONDIÑO. A ANPA organizou e financiou o Programa de Obradoiros de Poesía e Escrita Creativa,coordinado Antía Otero, editora e escritora estradense, no que participaron todos os alumnos/as do centro.
Ademais,o pasado 30 de abril,realizamos a charla "DAR DE LER. A lectura como ferramenta educativa no fogar e na aula", impartida por Eva Mejuto, escritora e periodista. Á charla asistiron nais, pais e docentes do noso centro.
Tamén presentamos a sección EDUCACIÓN E FAMILIA, q permitirá as familias da escola coller en préstamo libros sobre educación a partir do vindeiro curso.
Aquí vos deixamos algunhas imaxes destas actividades, no blog da biblioteca poderedes ver máis. Queremos agradecerlle a Antía Otero e Eva Mejuto o seu traballo e cariño. Finalmente desexamos que os nosos fillos e fillas gocen e aproveiten a nova biblioteca, que esta sexa o pulmón da escola.
Informámosvos que a ANPA participa no proxecto de investigación MELI-POP (Estilos de vida mediterráneos en prevención de la obesidad infantil) dirixido por especialistas do CHUS. . Adxuntamos información detallada e o solicitude. para participar no estudo. Podedes deixar a carta cos vosos datos no buzón da ANPA. Ademais na segunda quincena de decembro realizarase unha charla informativa aberta para todas as familias estradenses. Saúdos!
Podedes descargar a solicitude neste enlace Solicitude Melipop
Hai un erra na grella de extraescolares:hai PATINAXE os xoves as 4 no noso pavillón,con posibilidade de ir martes a figueroa as 4,30. 10€/mes con Diverpatin
PDF da grella de actividades extraescolares PDF EXTRAESCOLARES
Solicitude de extraescolares Solicitude extraescolares
O domingo 25 de marzo rematamos o curso de Primeiros Auxilios en bebés e nenos organizado pola ANPA e impartido por Cruz Vermella. Practicamos vendaxes,inmobilizacións,torniquetes, posturas de seguridade,atragantamentos... Moito aprendimos e sobre todo quedáronnos ganas de saber máis. Grazas a Fátima, por transmitirnos con tanta paixón os seus coñecementos e grazas tamén a Cruz Vermella pola calidade e compromiso da súa labor formativa!
A posición da Federación de Pais en Nais sobre as avaliacións de Primaria manifestouse claramente desde a aprobación da LOMCE en contra do sistema das chamadas reválidas polo seu carácter «avaliativo», é dicir, porque tales probas teñan algunha función respecto do expediente académico ou que poidan servir para discriminar alumnos polo seu rendemento.
Consideramos que a participación ou non nas probas de avaliación pertence ao ámbito de decisión concreto de cada familia. Somos conscientes da confusión xerada polas continuas modificacións legais, a falta de claridade e información con manipulación constante da linguaxe que utiliza a Administración e a improvisación das autoridades educativas.
A isto súmase a inseguridade que producen os anuncios de futuras modificacións destas probas, a inconsecuencia entre a LOMCE e os decretos que a aplican, as declaracións dos responsables políticos pedindo «confianza» ou a recente aprobación por maioría absoluta no Parlamento español da paralización da súa aplicación, que o Goberno en funcións non acepta.
Tanto FANPA como Confapa-Galicia confiamos en que non terá consecuencias e tentamos saber como manexarán os centros e a Consellería a marxe discrecional da que dispoñen. Remitímonos para isto á resposta do Director Xeral de Educación da Consellería e á circular emitida pola propia Consellería dirixida ás familias. Só constará unha especie de «non presentado». Non obstante, sospeitamos que no caso de presentarse e obter unha nota negativa poida ter consecuencias, especialmente en ESO.
É evidente que a Consellería está facendo todo o posible para cumprir a letra da lei pero quitándolles o ferro que poderían levar estas avaliacións; as probas serán fáciles e a corrección xenerosa, seguramente. A nivel estatal, non debe esquecerse que hai comunidades autónomas enteiras que non as van facer, polo que debemos considerar que serán como unha convocatoria a un “acto oficial sen transcendencia”.
Hai dúas maneiras en que se presenta a non realización das probas:
a) Por inasistencia
Esta Federación non pode deixar sen poñer enriba da mesa a diferenza entre a vontade política e a normativa administrativa de Educación. A decisión de presentarse ou non ás probas debe ser unha decisión informada e consciente.
De feito existe o protocolo de absentismo escolar que define claramente que a partir de 10 faltas nun mesmo mes, queda á vontade e criterio do Centro, abrir expediente por absentismo (art. 22 do decreto 229/2011, do 7 de setembro). É dicir, non hai garantía xurídica de que non presentarse á proba como xeito de protesta cívica se poida considerar falta xustificada.
Considérase falta xustificada (Protocolo para a prevención e control do absentismo escolar en Galicia):
A xustificación das faltas de asistencia a clase realizarase ante o profesorado titor e por parte da nai, do pais, titores ou gardadores mediante: xustificante médico, documento acreditativo de deberes inescusables/ de exames/ de mortes ou calquera outro documento acreditativo da circunstancia que xustifique a ausencia.
b) Con asistencia pero negándose a realizala por desacordo
Non é posible non realizala. Unha vez dentro do centro escolar, os pais non poden opoñerse á actuación do Centro porque nese momento o centro escolar exerce a custodia escolar para todos os efectos. Lembremos que tanto a Administración, como o centro e os propios profesores están investidos como autoridades. Iso á parte da situación de choque para os nosos fillos de ter que opoñerse a realizar un exame ante os mesmos profesores que o avalían a diario.
É posible realizala pero manifestar ou facer que conste a nosa protesta.
Para máis información sobre estes e outros asuntos podedes dirixirvos o seguinte enlace onde aoparedes toda a información necesaria, os impresos, e leis.
thttp://www.nontedurmas.org/fanpa/comunicado-da-fanpa-sobre-as-avaliacions-de-primaria/
Onte foi a inauguración da exposición dos nenos e nenas de 5º A de educación infantil.
O ano pasado fixeron unhas interpretacións das obras de Joan Miró. Se queredes podedes visitar na Casa das Letras ata 22 de Abril.
Aquí deixamos unha pequena mostra da inauguración e o ben que o pasaron pequechos e pais. Grazas a todos pola colaboración para levar adiante este proxecto tan fantástico.
As fotos pertencen a Jasper Carracedo