Saltar al contenido

O domingo 21 de outubro xuntámonos 50 persoas da ANPA Perez Viondi para realizar a excursión de outono. Nesta ocasión realizamos unha ruta de sendeirismo circular de 3,5 km á beira do río Ulla,apta para toda a familia. Comezamos en Ponte Sarandón e camiñamos ata a ponte de Ximonde pola beira estradense. Despois de cruzar o Ulla pola ponte voltamos ata Sarandón pola beira de Vedra. En Ponte Sarandón visitamos o Museo da Pesca da Casa Suárez, onde o señor Manuel amosounos as diferentes artes de pesca do salmón. Despois desprezámonos en autobús ata a área recreativa de Agronovo (Vedra) onde xantamos e xogamos ao lado do río. Finalmente visitamos o Centro Ictiolóxico de Ximonde, onde un garda medioambiental da Xunta amosounos a traballo q realizan no centro a favor da conservación e recuperación do salmón e da flora e fauna do noso río. O obxectivo desta excursión era xuntarnos para coñecer un pouco máis as paisaxes que atesoura o noso concello ao mesmo tempo que realizamos exercicio en familia.

 

O pasado vinte de abril a nai Ana Fondevila deu unha charla sobre a importancia da saúde auditiva.

A través de dun sinxelo exercicio amosoulles os rapaces como os decibelios dun simple grito poden danar o noso sistema auditivo.

Grazas como sempre as encargadas do comedor por facilitarnos as fotos.

O curso que impartiu Manel soamente puidemos acudir 6 persoas (nais e profesoras) ao taller organizado pola ANPA e que nos regalou o formador Manel Fernández o martes 12 de abril ás 7 da tarde na nosa escola. Eramos poucas pero aprendimos e nos divertimos grazas a Manel. Coñecimos como traballa cos nen@s nos talleres e nos dou valiosas recomendacións para traballar e educar aos nos@s fill@s e alumn@s no día a día. Podedes coñecer máis a este formador en: http://alegriasonrisasabrazos.blogspot.com.es
Coma sempre foi un pracer contar cun profesional que cre no poder da creatividade e das emocións na educación. GRAZAS MANEL!
DSCF4714 DSCF4718

Ante todo mil grazas a tódolos asistentes por acompañarnos nunha festa moi especial e esperada por esta ANPA. Grazas a Priscilla e a xente de Tiko Doco, a Sala Gradín, Santiaguesa e Panadería Suso por axudarnos na tolería que foi a organización.

Polos erros, pedimos mil desculpas, e prometemos mellorar para o ano que ven.

E sen máis aquí tendes as fotos.

O pasado xoves 19 de Novembro dentro das actuacións de dinamización do comedor escolar. Realizouse unha actividade de cociña para nenos e nenas.
Con ela aprenderon que non son só chuches os que se compran na tenda, senón que eles mesmos coa nosa axuda poden facer deliciosas golosadas na casa, ricas e nutritivas.

E que mellor que e o vexades cos vosos ollos.

Excursión o 18 de octubro

O pasado 18 de outubro 40 valentes decidiron que lles daba igual o tempo que faría ese día, que total tiña pinta de que non ía chover, e ben cedo pola mañá colleron o autobús con destino a Apipolis.
O camiño de ida foi divertido, os nenos e nenas estaban emocionados e máis dun pai estaba aínda coa legaña pegada.
A verdade é que ao estar o sitio para visitar preto foi toda unha vantaxe. Chegamos e foi xusto nese momento cando o tempo deixo de respectarnos, pero aos nenos deulles exactamente igual. Iamos gozar caia o que caia.
As persoas que xestionan Apipolis son moi gentiles e axudáronnos en todo momento a manter as nosas pertenzas en lugar seco.
Logo dividíronnos en tres grupos para poder gozar das diferentes actividades propostas por eles.
Comemos alí mesmo e os nenos gozaron dun intre de xogo debaixo dun gran carballo.
Unha vez recolleito e terminada a visita a Apipolis , cargados de mel, velas e bolechas feitas por nos e os nosos cativos, dirixímonos a Lourizan.
Algúns nos tivemos que quedar no autobús porque os nosos pequenos quedáronse literalmente fritos.
Unha nai preparou un xogo para os nenos e así de paso percorreron este marabilloso lugar.
A visita a Lourizan é obrigada. É unha auténtica marabilla.